Músicas de Sofá 2016 en O Carballiño.

Tras o éxito do ano pasado, volta a segunda edición do ciclo de “Músicas de Sofá” como primeira cita musical para os máis de 150.000 visitantes que se agardan para a festa do Pulpo do Carballiño.

⁃ O festival urbano amplía a súa duración a dous días, nos que cinco grupos ofrecerán máis de 10 horas de música de estilos como o Jazz, Folk, Reggae, Rocksteady & Ska e Hammond Groove.

⁃ Böj, Portulego Quartet, Elephants Yard Live Dub, Groovy Killers e Transilvanians actuarán nos diferentes “salóns” ubicados no centro da vila durante os días 3 e 4 de agosto.

⁃ Como novidade de esta edición, os grupos actuarán de forma consecutiva para que os asistentes poidan disfrutar íntegra e gratuítamente dos concertos, que culminarán cunha sesión do sing-jay francés Sutta Enki Dub no Sete Flores.

Arranca a segunda edición das “Músicas de Sofá” que terá lugar os días 3 e 4 de agosto na vila do Carballiño.

O ciclo, organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros, é un festival urbano onde os grupos actúan en distintos “salóns” ubicados no centro da vila. O obxectivo é achegar unha gran variedade de estilos musicais aos más de 150.000 visitantes que se esperan durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo.

Tras o éxito da primeira edición, este ano o 2º Ciclo de Músicas de Sofá conta con importantes novidades. Por unha parte, os concertos pasan de un a dous días, contando cun total de 5 grupos frente aos 3 do ano pasado. Más de 10 horas de música que farán chegar aos asistentes estilos musicais tan variados como o Jazz, Folk, Reggae, Rocksteady & Ska e o Funk-Groove. Ademáis este ano as actuacións serán consecutivas e non simultáneas, có fin de que os asistentes podan disfrutar dos concertos na súa totalidade.
Cunha estética “vintage”, os decorados de esta edición corren a cargo da tenda “show-room Primittive” de Ourense.

Cinco referentes do panorama musical galego
Nesta edición, o festival conta cun total de cinco grupos, referentes nos seus estilos dentro do panorama musical galego. Trátanse de Böj, recentes gañadores do último festival de Ortigueira no concurso Runas; Portulego Quartet, integrado por músicos da talla do saxofonista Diego Alonso Tornado; Transilvanians, galardonados co premio Martín Códax da Música Galega; Elephants Yard Live Dub, e Groovy Killers. Pechará o ciclo, o francés Sutta Enki Dub cunha sesión de música reggae no Sete Flores.

Programa Músicas de Sofá 2016 en O Carballiño

Mércores 3 de agosto de 2016
Portulego Quartet. Jazz (Galicia-Portugal)
19.15 hrs.rúa Rosalía de Castro
Cuarteto formado por músicos das dúas beiras do Miño con un nexo común: o jazz. Tras cursar a Licenciatura en Jazz na ESMAE (Porto), Diego Alonso (Vigo) ao saxo tenor, Ricardo Moreira (Marçode Canavesses) ao piano e Miguel Sampaio (Ovar) á batería, xúntanse có contrabaixista Álex Touceda (Vigo) para interpretar temas propios i estándars do repertorio jazzístico.

BöJ. Irish & Scotish Folk (Ferrol-Irlanda)
20.45 hrs.Rúa Aldara
Un total de cinco músicos irlandeses e galegos compoñen este grupo de Folk que veñen de gañar o Concurso RUNAS 2016 dentro do Festival do Mundo Celta de Ortigueira. O seu repertorio está composto por músicas tradicionais irlandesas e escocesas así como temas de composición propia.

Xoves 4 de agosto de 2016
Groovy Killers. Hamond Groove (Ourense)
19.00 hrs.Rúa Curros Enriquez
Cun son vintage a súa música bebe do funk marcado pola inconfundible cor do órgano hammond.
Un directo intenso, cheo de improvisacións e longos desenvolvementos instrumentáis, fan desplegar ao máximo as posibilidades deste cuarteto ourensán.

Elephants Yard Live Dub. Reggae-Dub (Vigo)
20.45 hrs. Praza Aquilino Sánchez (detrás Concello)
Elephants Yard é o nome baixo o que se acobilla unha comunidade de artistas adicados a música reggae en Galicia.
Nesta ocasión Javier Vicalo (sobre a mesa de mezclas) e Sutta Enki Dub (Voz) van ofrecer ó público unha sesión de música dub remezclando ritmos reggae en estricto directo.

Transilvanians. Rocksteady-Ska (Vigo-A Coruña)
23.30 hrs. Praza Maior
Gañadores dos Premios Galegos da Música Martín Códax 2015 e con numerosos traballos discográficos ás súas costas. Veñen de percorrer case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que se poden atopar actualmente no estado. Consolidados e cun estilo propio (horror-reggae), son ademáis banda de acompañamento do artista internacional Roy Ellis nas súas xiras por Europa.

Sutta Enki Dub. SingJay. (Francia)
01.00 hrs. Pub Sete Flores.
Como fin de festa o productor e cantante francés afincado en Tui, ofrecerá unha selección de sons xamaicanos i étnicos aderezados con toques jungle.

“ Vendo a acollida e progresiva calidade do evento, agardamos e confiamos en que cada ano a proposta será máis ambiciosa, chegando a convertir o Ciclo de Músicas de Sofá nun dos festivales urbanos de referencia na Península”, declaran Anaïs e Pedro.

Ubicacion: O Carballiño, Ourense