Map Buscar
Buscar

A Ponte do Milenio, a quinta ponte da cidade de Ourense, destaca polo seu deseño vangardista e polo audaz sistema estrutural empregado. A ponte está constituída por dous niveis: o inferior é a plataforma de formigón que conecta as marxes do río e que ten unhas dimensións de 23 m de ancho por 275 m de longo. Susténtase grazas a un sistema de tirantes metálicos e a dous grandes piares tamén metálicos inclinados e situados nos extremos. O segundo nivel da ponte consiste nunha pasarela peonil que dende a cota de acceso descende levemente e, tras un punto de inflexión, empeza a ascender ata chegar aos 20 m de altura, empregándose para iso 100 chanzos. Nese punto a posición do espectador resulta vertixinosa: elevado moi por riba do río, e con magníficas vistas da cidade aos seus pés. A pasarela peonil apóiase na estrutura da ponte e pola súa lixeireza e a súa forma ondulante chega a parecer unha corda suspendida no aire que se dobra ao apoiarse nos piares, como se fora un elemento «elástico». O conxunto da obra, cos cables tensados, os piares inclinados e a ondulante liña da pasarela, adquire un gran dinamismo formal, e configúrase como unha obra de grande orixinalidade e forte impacto visual.

Horario de Apertura

Lunes

-

Martes

-

Miércoles

-

Jueves

-

Viernes

-

Sábado

-

Domingo

-

Dirección

Dirección:

Puente del Milenio, Ourense, España

Web:
Please enable / Bitte aktiviere JavaScript!
Veuillez activer / Por favor activa el Javascript![ ? ]